O calendario de 2025 que edita o Concello de San Sadurniño dá visibilidade ás mulleres rurais
SAN SADURNIÑO
Os veciños poden recollelo no rexistro municipal ou na Casa da Cultura, ata esgotar os 300 exemplares
31 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.As mulleres rurais son as protagonistas do calendario editado polo Concello de San Sadurniño para 2025, que xa está dispoñible no rexistro municipal e na Casa da Cultura. Son 13 imaxes saídas da mostra Historias das nosas: arando na memoria, organizada por Cultura e Igualdade con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, como indica o goberno local.
A exposición saíu dunha actividade que consistía en «buscar fotos antigas que reflectisen dalgún xeito o papel da muller no desenvolvemento do concello e, despois, ir aos lugares onde se tomaron orixinalmente e volver sacalas co mesmo encadre das vellas», recordan fontes municipais.
O Concello encargou 300 exemplares, que reparte de balde ata que se esgoten. Irán xa nas nove cestas que se van sortear na campaña de apoio ao comercio local.