
Será na Casa da Cultura, este sábado a partir das cinco e media da tarde
14 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Na Casa da Cultura de San Sadurniño xa está case todo a punto para vivir a esperada gala do Chanfaina Lab, coa estrea das curtametraxes filmadas en setembro. Será este sábado, a partir das 17.30 horas.
E nesta edición, entregarase o primeiro premio Bernardino de Lamas que concede este certame audiovisual. Alberte Pagán (O Carballiño, 1965), escritor, profesor e cineasta, será o primeiro galardoado. Trátase «dunha figura relevante da cultura galega contemporánea, mais tamén do cinema experimental de España», recalca o profesor Manolo González.
O actor Fran Nogueira presentará a gala, na que os realizadores das 24 pexas que se proxectarán recibirán cadansúa peza da Lola Chanfaineira, o agasallo que se entrega desde que comezou o encontro.