Dous camións e medio millón de euros

monforte / la voz

FIRMAS

O camión accidentado hai seis anos non se puido recuperar.
O camión accidentado hai seis anos non se puido recuperar. a. lópez< / span>

08 ene 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O parque comarcal de bombeiros de Monforte só aproveitará dous dos vehículos dos que dispón o actual servizo municipal contraincendios. No balance dos sete primeiros meses de funcionamento dos parques que difundiu onte a Deputación provincial, esta entidade confirmou que o parque monfortino contará con catro vehículos, igual que os outros cinco que xa están en activo.

O contrario do que ocorreu nos outros casos, en Monforte o novo servizo poderá aproveitar material xa en uso. Os técnicos que revisaron as instalacións calculan que fará falta medio gastar medio millón de euros para adaptalas ás necesidades do futuro parque, que se porá en marcha antes do verán. Esa previsión inclúe a adquisición de dous camións, un dos denominados BUL (bomba urbana lixeira) e outro tamén de dimensións reducidas. Os outros dous vehículos que completarán o parque móbil serán a bomba nodriza e o brazo artellado que empregan os bombeiros de Monforte desde hai anos e que foran cedidos no seu día pola Deputación.

O servizo municipal conta na actualidade con outros dous vehículos en uso, unha carroceta forestal con máis de vinte anos de antigüidade e un furgón para ferramentas. O Concello quedarase cos dous. O camión que se accidentou hai seis anos na estrada N-120 acabou no desguace.