A LECTORA

La Voz

FIRMAS

27 sep 2013 . Actualizado a las 14:39 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Pola noite, antes de durmir.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Aconséllome con amigos, revistas ou programas especializados; e outras, segundo os autores.

3. Que lle achega a lectura? É un bálsamo, vocabulario novo, información, coñecemento e, por riba de todo, entretemento

4. Os seus libros favoritos. Crónica de una muerte anunciada e Cien años de soledad, de García Márquez; La regenta, La casa de Bernarda Alba, de García Lorca, ademais de O perfume, Estudo en escarlata e Rebeca.

5. Un xénero literario. A novela psicolóxica e de suspense.

6. Un personaxe e un espazo literario. Sherlock Holmes e a Francia do século XVIII da novela O perfume de Patrick Süskind.

7. Que está a ler agora? El despertar de la señorita Prim, de Natalia Sanmartín Fellonero.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Suso de Toro e García Márquez.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Pasear, tomar algo e charlar coas amigas, Pilates, os pasatempos...

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O pazo de Torre de Xunqueiras en A Pobra do Caramiñal. Nada que envexar á mansión Manderley, en Rebeca.