Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Lourido

ROCÍO DOURADO

FIRMAS

11 mar 2014 . Actualizado a las 20:35 h.

O río de Lourido (Ribeira) ou as terras de Lourido derivan do fitónimo latino LAURUS «loureiro» mediante un sufixo -ITUS. Raimundo de Miguel dá para este termo os significados «laurel», «corona de laurel» e mesmo «la victoria», os dous últimos facilmente explicábeis como consecuencia de senllos procesos de extensión semántica. O loureiro, característico das zonas mediterráneas, conta así e todo cunha notábel implantación nas zonas baixas do litoral galego e nas cuncas dos ríos Miño e Sil, o que explica que xerase un importante número de topónimos a través dos seus diversos derivados. Entre eles salientaron, precisamente, os abundanciais LAUR¯E T?U (> Louredo, rexistrado no concello veciño de Carnota) e *LAUR¯I T?U, coas súas distintas formas flexivas. Canto á base léxica, en galego e portugués prevaleceu o derivado tardolatino *LAUR¯AR?I?U (> loureiro / loireiro) como nome da planta, se ben en portugués existe aínda hoxe a forma simple louro / loiro. A forma Louro mantense no concello de Muros nomeando unha freguesía, Louro (Santiago), unha lagoa e un monte.