O Consello da Cultura propón un percorrido por San Cibrao de Las
08 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.Co paso dos anos e das campañas de excavacións realizadas vaise afondando no coñecemento do asentamento castrexo máis poboado de Galicia. Aínda que non será ata cando estea excavada na súa totalidade a superficie do castro, que se extende por San Amaro e Punxín, a data na que se podan asentar as hipóteses case definitivas sobre o mesmo. Por ser, ata é obxecto de diferentes interpretacións o seu nome e o topónimo actual. Lansbrica (ou Lansbricae) é unha denominación empregada dende hai anos, aínda que hai quen mantén que a interpretación da ara de Eiras non é correcta e debería chamarse Lámbrica, e o vello San Cibrán de Lás mudou hai anos ao San Cibrao de Las que emprega a Xunta como topónimo do lugar.
Diferenzas lingüísticas á marxe, hoxe é a apertura oficial do parque da cultura castrexa, e dende o Consello da Cultura Galega propoñen «10 lugares imprescindibles para visitar en San Cibrán de Lás».
Máis de 2.000 persoas
O consello sinala que «Lansbrica, o nome galego do castro coñecido como San Cibrán de Lás, está de actualidade. Tras moitos anos de espera, abrirá ao público o Parque da Cultura Castrexa e o seu centro de interpretación», polo que se repasan «algúns dos elementos que fan singular ao meirande castro de Galicia». Os dez mellores restos arqueolóxicos do castro son, para o Consello da Cultura Galega, as portas de acceso no oeste, o alxibe desta mesma zona, a gran rúa occidental, a ronda superior, o porta oeste da croa, a invocación a Xúpiter que se pode ler nunha rocha preto da muralla, o alxiber sur, a porta leste, a rúa oriental e unha plataforma singular -chamada popularmente «base do cruceiro»- ubicada nas proximidades do acceso leste á croa: «A súa utilidade é unha incógnita, malia ter sido investigada e desmontada para tentar comprender a súa funcionalidade».
Rede urbana sofisticada
Algúns dos aspectos singulares de Lansbrica son, segundo se recolle na proposta, os alxibes que servían para a xestión da auga, a condición de cidade con máis de 2.000 habitantes -«unha barbaridade para a época»-, a complexa planificación urbanística para a altura histórica -fundada no século III a. C.-, a aliñación astronómica da porta leste da croa co posta de sol durante o inverno, o sistema de murallas co seu aparato defensivo, a croa do complexo -«o recinto máis enigmático»- e o feito de que, segundo os achádegos arqueolóxicos, na cidade conviviron tres linguas.
La exposición de la Obra Social de La Caixa «Neolítico» atrajo a más de 14.000 personas durante el mes que estuvo abierta al público en la Alameda de Ourense. La muestra se cerró en la noche del pasado jueves y, según el control de visitas realizado por los organizadores, «un total de 14.193 personas pasaron por la exposición». El proyecto «Neolítico. De nómadas a sedentarios» se pudo ver en la ciudad gracias a la colaboración entre el Concello de Ourense y la Obra Social de La Caixa.
La Real Academia Galega celebró hace unos días el «cabodano de Filomena Dato Muruais». Desde la RAG se quiso aprovechar la cita para reivindicar la figura de la autora ourensana. En la entrada de la Academia se recuerda que «malia a súa prolífica obra, espallada en diversas publicacións galega e americanase que foi merecente de numerosos galardóns, pouco sabemos do decorrer vital de Filomena Dato Muruais». La RAG acompaña el artículo con una foto de la ofrenda de la autora ante la tumba de Rosalía de Castro.
El programa FalaRedes, de la Consellería de Cultura, estará este domingo en la villa de Ribadavia. El espectáculo «Toc Toc», de Pablo Diaz, se podrá ver en la Casa da Cultura de Ribadavia a partir de las 19.30 horas. En la obra, Pablo Díaz ofrece un espectáculo musical basado en el libro-cedé del mismo título.