«Necesitaríamos que nalgún momento melloraran as estradas»

Mar García Balseiro
MAR G. BALSEIRO O VICEDO / LA VOZ

FIRMAS

Cena de presentación de la nueva directiva, con la presidenta María Gómez.
Cena de presentación de la nueva directiva, con la presidenta María Gómez.

A nova directiva da ACIA prepara iniciativas

26 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

María Gómez Basanta, hostaleira, á fronte de Casa Fanego, é desde hai uns días a nova presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Vicedo (Acia-O Vicedo). Substitúe a Regina Lamelas, aínda que esta continua como vicepresidenta, polo que a continuidade do proxecto dos comerciantes do municipio máis occidental da Mariña está garantida. «Repartindo o traballo e co apoio de todos iremos tirando cara a adiante», asegurou. Na actualidade uns 43 socios forman a patronal do comercio vicedense.

-¿Cómo a convenceron para tomar as rendas da asociación?

-Necesítase o traballo de todos, para que a asociación seguira e que non se desfixera. O comercio de O Vicedo é moi pequeniño, e é importante que estea unido. Eu estou contenta, porque coopera todo o mundo, están ao pé do cañón, naide pon problemas e repartimos o traballo. Hai que ten en conta que no Vicedo o comercio está moi expandido, é dicir, colle unha zoa moi ampla, en San Román, en Xilloi. Somos uns 43 socios, incluíndo comercio, pequenas empresas de construción, fontanería, os autónomos...

-¿Cómo está o comercio local e qué necesita O Vicedo neste sector?

-A situación é a que é. Hai moita xente que se xubila e os máis novos somos os que tratamos de tirar cara adiante. Necesitaríamos que non se levaran a oficina de Novagalicia, iso primeiro, e que ademais nos ampliaran o horario que teñen agora (luns e venres), porque non chega. Cando necesitas cambio tés que ir a Viveiro co as dificultades que supón. Tamén as infraestruturas, as estradas, que nalgún momento se puideran mellorar, e un chan industrial con bós accesos. Por suposto o ideal era que viñeran a instalarse no Vicedo empresas fortes, pero...Estamos aquí, nunha esquiniña, esquecidos na Mariña, cando temos as mellores praias da comarca.

-¿Teñen moitas cousas proxectadas?

-De aquí a finais de ano queremos facer un sorteo de vales de compra, de entre mil e dous mil euros, está sen decidir. Os boletos empezaríanos a repartir en xullo e o sorteo sería en octubro ou novembro. E queremos facer un mercado de Nadal, e falamos de organizar un mercado de produtos usados, pero có método do troque.