Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

CCO: Eduardo Blanco Amor

FIRMAS

24 jun 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Xa sei que non gustas dos correos electrónicos. Tes razón, Eduardo.Aí recibides os e-mails a través do representante tecnolóxico da divinidade, e xa se sabe, logo todo é conto, díxome-díxome celestial. Pero entenderás que o entusiasmo me obrigue a botar mau deste medio. A próxima irá por vía aérea, air mail certificada, prométocho.

O caso é que onte, na sala de xuntas da Deputación de Ourense, démoslle unha reviravolta á túa moira, á cruel fatalidade que persegue na traxedia grega aos heroes, tantas veces por ti invocada, sufrida. E ti debes ser o primeiro en sabelo. Cumprindo acordo do Parlamento galego, por unanimidade de todos os grupos, botamos a andar o teu ano (ou o que dil queda).

Reediciós, proxectos, incluída sesión extraordinaria da Real Academia Galega en Auria, Festa da Palabra na Insua dos Poetas, con obra escultórica conxunta de Acisclo Manzano e do seu fillo Acisclo, tamén bo artista, e unha tanda de actividades que darán pé ao debate, a esclarecer esquecementos e agravios. Xa sei que tiña que ser en vida. Non rosmes como un vello. Bo é algo. Pódeste gabar porque perduras. Merécelo por transgresor e por talento, por elevar a paixón da literatura, por amar e ser amado.

Auria segue en ti e ti nela, trinta e cinco anos despoixa da friaxe da morte.

Estás vivo Eduardo Blanco Amor, guapo e sorrindo. Quen lle dera a outros...