«Cousas» é o nome deste novo traballo discográfico que se presentou o luns pola noite na localidade ribadense
31 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.O pasado luns Carme Rodríguez, Carme é o seu nome artístico (Ribadeo, 1997), presentou na súa vila natal e ante numeroso público o seu primeiro disco. A cantautora dá a coñecer Cousas, co que da un paso máis na súa carreira musical.
-¿Como se sinte ao sacar o seu primeiro disco, trala ilusión que suporá unha cousa así?
-Ben pero aínda con algo de incertidume, se vai gustar ou non.
-É un gran salto pasar dun escenario a un formato discográfico, pero ¿como se xestou?
-Nun dos concertos que fixen en La Caridad (El Franco) encontreime con Pedro, técnico de son. El me fixo a proposta de grabar, tiña un estudo pequeno e pasaron uns meses, me puxen en contacto con músicos e decidimos chamalo a ver se a iniciativa seguía en pé. De boa gana aceptou.
-O título é «Cousas». ¿Que podemos atopar neste disco?
-Son só cinco temas, pero son os primeiros temas que presentei como propios, totalmente meus, que falan diso, de cousas, de distintas cousas que nos pasan a todos en determinados momentos, dende min pero con motivos universais. O tema do amor está sempre presente pero tamén se atopa crítica social, por exemplo.
-Nese tipo de temas, ¿mide máis o que di ou non necesariamente?
-Todo o compoño dende a experiencia, dende o que sei, pero penso que son bastante eu mesma. Este é o meu primeiro disco, Carme en estado puro.
-Agora que veñen os Reis Magos, será o disco que se pidan todos na súa casa, ¿non?
-Home, eso espero. Na casa sempre me axudan co que decida facer, nunca temos problemas. Para isto sempre me apoian.
-Creo que está estudando. ¿Que e onde?
-Composición en Madrid. O meu futuro pasa pola música.
-No último mes artistas importanes recoñeceron ter medo escénico. ¿Pásalle algo así ou para iso fai falla ter moitos discos vendidos antes e ter éxito?
-Bueno, primeiro espero vender moitos discos antes, pero si, sempre que actúo me poño nerviosa pero ata ese punto non.
-¿Ten algún outro soño musical por levar a cabo?
-Agora mesmo estou bastante centrada en estudar e estudo coa pretensión de facer bandas sonoras nun futuro. Pois si, ese é un dos meus plans. Tamén espero seguir cos concertos pero sobre todo de cara ao verán.
-Varias veces actuou en Ribadeo e tamén noutros recunchos da Mariña, ¿tivo a oportunidade de facelo na capital madrileña aproveitando que estuda alí?
-En Madrid actuei con Sés nun concerto en outubro. Ela sabía que estaba alí e me preguntou se me apetecía. Fixen o tema Non son fada con ela e O mundo a medias que é un tema meu, entón por agora foi o que fixen nunha sala. Pero hainas onde hai ata micros abertos para cantar.
-Vamos, algo parecido a estar nun karaoke só que para cantautores.
-Si, aínda que nunha versión máis seria, claro.
carme cantautora ribadense