Jacobo Muñiz: «Se non fose ilustrador, sería músico»

FUGAS

12 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Jacobo Muñiz (Pontedeume, 1973) recibiu o Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración 2004 e un ano despois foi recoñecido cunha Mención Especial do premio Lazarillo de Álbum Ilustrado. No 2013, o seu libro Abecebichos foi seleccionado polo Banco del Libro (IBBY Venezuela) en Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes. www.jacobo-muniz.blogspot.com.es

-¿Definición de ilustración?

-A arte de facer imprescindible o gasto extra de tintas na transmisión dunha mensaxe.

-¿Qué libro che gustaría ilustrar?

-Se soubera facelo, As cidades invisibles, de Italo Calvino.

-¿De qué traballo te sentes máis orgulloso?

-De ningún, pero salvaría Como antes (Edelvives).

-¿Algún ilustrador que consideres inxustamente olvidado?

-Francisco Meléndez non está esquecido de todo, pero eu reeditaría todos os seus libros.

-¿Consideras a ilustración unha arte de museo?

-Eu penso que non. A ilustración apréciase mellor no contexto para o que foi creada.

-¿Cales son as túas influencias?

-Formeime admirando a Gusti e a Francisco Meléndez.

-¿Qué sentes cando estas debuxando?

-Ilusión, desengano, tranquilidade, ansiedade, ledicia, anoxo.

-¿Un edificio de arquitectura que te emocione?

-A casa Hundertwasser, en Viena.

-Se non foses ilustrador, ¿qué che gustaría ser?

-Músico.

-¿Un álbum de música?

-As Sonatas e Partitas para violín solo de Bach, por H. Szeryng.

-¿Qué encargo che gustaría recibir?

-Ilustrar un texto fermoso cun prazo de entrega superior a un mes.