Xosé Cobas: «Busco nas imaxes da miña infancia»

FUGAS

Xosé Cobas

El ilustrador recomienda a los principiantes que ejerciten su lectura visual

06 ago 2015 . Actualizado a las 19:01 h.

Xosé Cobas
A lectura Xosé Cobas (Logrosa, 1953) resultou seleccionado na White Ravens en 2003 e 2005. Premio Isaac Díaz Pardo no ano 2009, a súa web é www.xosecobas.es

1 Qué consello lle darías a un ilustrador que estea a empezar?

A lectura en xeral e a lectura visual en particular: ler na paisaxe natural e na urbana; ler as formas e o que hai detrás delas; a luz, a penumbra?

2 Qué é o que te inspira?

O silencio, a soidade, o vento morno do oeste, a luz atlántica?

3 Tes algunha manía na túa rutina de traballo?

Preciso do silencio ou da música, e ter os pés quentes, se iso se pode considerar manía.

4 Cales son as túas influencias?

A Historia da Arte e as imaxes da propia infancia.

5 Unha escena dunha película?

Moitas escenas de No quarto da Vanda do portugués Pedro Costa, onde a luz é protagonista.

6 Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?

Alphonse Mucha.

7 Un edificio de arquitectura?

O teatro flotante de Aldo Rossi.

8 Unha portada dun disco?

A Galicia de Maeloc de Milladoiro.

9 Un comentario sobre o teu traballo que che gustara?

Alguén me definiu nunha ocasión como ilustrador poético.

10 Por qué a ilustración non é aceptada nos museos de arte contemporánea?

Mentres que a ilustración non sexa entendida polos «gurús» do mundo da arte como o que realmente é, arte, non só os museos seguirán pechados para esta disciplina, senón que a súa consideración seguirá relegada aos territorios pouco menos que underground.