Fran Bueno: «Pode que sexa ilustrador por El Jabato»

FUGAS

21 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Fran Bueno (Santiago de Compostela, 1967) es licenciado en Bellas Artes por la Universidad Complutense de Madrid. Premio Castelao de Banda Deseñada 2013, recibió el primer premio del Concurso Nacional de Cómics de la revista «Tótem» en 1989. Su web es www.franbueno.com

-¿Un recordo da túa nenez?

-A man fresca da miña nai levándome de paseo.

-¿Tes algunha manía na túa rutina de traballo?

-Non teño moita rutina que digamos, pero as manías as teño todas ordenadas alfabeticamente.

-¿Quen foi o causante de que te dedicases á ilustración?

-Pode que fose El Jabato.

-¿Se non foses ilustrador, que che gustaría ser?

-Superman.

-¿Cales son as túas influencias?

-Jean Giraud, Frank Miller, Franquin, José Muñoz, Jae Lee, Mike Mignola, Sean Phillips, Frank Quitely...

-¿Unha canción que te inspire?

-Pale Blue Eyes, da Velvet.

-¿Unha portada dun disco?

-A de Let it be, dos Beatles.

-¿Un ilustrador inxustamente esquecido?

-O debuxante de cómics e co-creador da serie El Jabato, Francisco Darnís.

-¿É a ilustración unha arte de museo?

-Non é máis nin menos arte por estar no museo, pero ver orixinais non lle fai mal a ninguén.

-¿Sofres ou gozas ao traballar?

-Sufro, gozo, gozo, sufro, gozo... 

-¿Que encargo che gustaría recibir?

-Un de moitos cartos e pouco traballo.

-¿E a que te dedicarías se non che fixeran falta os cartos?

-A dar charlas sobre como cheguei a non necesitar diñeiro. Gústame axudar.