Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Heredeiros da Crus: «Flipamos co público, cada vez nos quere máis»

S.G.

FUGAS

21 ago 2015 . Actualizado a las 12:51 h.

Transcorridos dous anos dende o seu último disco, Jard Rock Con Fé, Heredeiros lanzan un novo tema, Buscando A Superfama, con videoclip incorporado.

-Como é isto da superfama?

-Cando deixamos Heredeiros botei ano e medio nunha orquestra, Superfama. Así que xogamos con iso. Ten unha letra caralleira que nomea as principais orquestras de Galicia. O tema fixémolo nunha tarde, xuntámonos os cinco, fixen un riff que lles molou, fomos enlazando e construíndo a canción entre todos. E logo gravamos un videoclip na Escola de Imaxe e Son de A Coruña en dous días de risas.

-Heredeiros cen por cen.

-Heredeiros puro e duro.

-E outro disco? Para cando?

-É unha mágoa, pero hoxe non merece a pena. Se todo o mundo fixese, coma min, que teño dous mil discos orixinais... Pero a xente piratea, non compra. Boto de menos ir ás tendas. Agora en Santiago só queda Fans, dunha amiga. Eu gozaba coma un cochino das visitas ás tendas a por música e de catálogos coma o de Discoplay, que xa nin iso nos queda. Con todo, en inverno temos en mente outra canción... Xa veredes.

-Si é unha mágoa porque Jard Rock soaba a dios e a xente responde en directo, non?

-Estamos flipados, o público cada vez nos quere máis. No Karraskal petámolo. No Castelo foi espectacular. Agora volvemos a Vilaxoán pero só temos hora e cuarto. Nós somos o contrario dos indies, que canto máis apalancados e menos tocan, mellor. Non imos dar un segundo de pausa, que a peña veña preparada.