Xaquín Marín: «A teimudez define o meu traballo»

FUGAS

«Das orixes aos fins» (inédito)
«Das orixes aos fins» (inédito) Xaquín Marín

28 sep 2015 . Actualizado a las 15:26 h.

Referente obrigado da ilustración galega contemporánea e colaborador diario de La Voz de Galicia, Xaquín Marín (Ferrol, 1943) é director e fundador do Museo do Humor de Fene e ten publicado a súa obra gráfica en revistas e xornais como La CodornizHermano LoboLe Telegramme, Diario 16Teima ou A Nosa Terra. Entre os premios que recibiu, destacan o Paleta Agromán de humor gráfico 1982 e 1991, Galicia de Xornalismo, Bienal Gabrovo, Vieira do humor 1983 ou Ourense de Banda Deseñada 1991

-¿Podes dicirnos o nome dun ilustrador que consideres inxustamente olvidado?

-Olvideino.

-¿Cales son os teus ilustradores favoritos da historia?

-Gustavo Doré e Luís Seoane.

-¿De que aspecto profesional te sentes máis orgulloso?

-De traballar sempre, mesmo nos peores tempos.

-¿Que consello lle darías a un ilustrador que estea empezando?

-Non aceptes ningún consello.

-¿Como definirías o teu traballo cunha soa palabra?

-Teimudez.

-¿Unha escena de cine?

-A morte xogando ao xadrez en O sétimo selo de Ingmar Bergman.

-¿Como sabes que unha ilustración está rematada?

-Un bo ilustrador debe ser o que sabe o punto xusto. Eu non.

-¿Un cartel de película?

-O de Metrópolis, do cineasta alemán Fritz Lang.

-¿Por que a ilustración aínda non é aceptada nos museos de arte contemporánea?

-Mirando o que fan algúns ilustradores é difícil de entender. Curtidade de miras, supoño.

-¿Un recordo da túa nenez?

-Os tiroteos nocturnos na época dos guerrilleiros.

-¿Que encargo che gustaría recibir?

-A Divina Comedia... Alicia no país das marabillas... Pero de tódalas formas agora xa non o aceptaría.