Siro: «A veces síntome un pequeno deus»

FUGAS

Siro

El ilustrador defiende que debería existir un museo gallego de esta disciplina

19 nov 2015 . Actualizado a las 14:38 h.

Siro
   SIRO

Nacido en Ferrol en 1943, Siro ha obtenido el Premio Fernández Latorre en 1986, el Premio Curuxa do Humor 1996 y el Premio Galicia de comunicación 1996. Más información en www.siroartista.es

-¿É a ilustración unha arte digna de estar nun museo?

-Se é boa, si. E se non é boa, tamén; que nos museos tamén hai obras malas. Pero a ilustración acadou tal calidade no mundo, que un Museo da Ilustración Galega sería boísimo. E un éxito.

-¿Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?

-Digo dous radicalmente distintos: Goya e Gulbransson.

-¿Un ilustrador olvidado inxustamente?

-Máis que olvidado, descoñecido en España é Demetrius Galanis, que interesou moito a Castelao.

-¿Qué obra de arte salvarías dun incendio?

-Quedaría sen folgos de correr a salvar obras de arte, e seguro rompería o lombo cargando co Enterro do Conde de Orgaz.

-¿Qué sintes cando estás a debuxar?

-Sempre serenidade, acougo, paz... Pero se soa a frauta...¡home, daquela saco peito e síntome un pequeno deus!

-¿Cómo definirías o que é a ilustración?

-As definicións son sempre difíciles e comprometidas. Podería ser a parte da historia que se conta, que non pode explicarse en palabras. Pero pode ser moitas cousas máis...

-¿Cómo sabes cando unha ilustración está rematada?

-Está rematada porque xa non podo mellorar a idea inicial, nin quitarlle nada máis ao boceto definitivo.

-¿Se non foses ilustrador, qué che gustaría ser?

-Xoven. Despois xa veriamos qué camiño tomaba; pero primeiro que nada, gustaríame ser xoven.