Azar e talento conflúen na vida de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950) dunha forma decisiva. Talento esperto desde neno, pegado aos lápices, e azar aos seus 18 anos, cando acudiu a unha proba para entrar de debuxante nunha fábrica de cerámica que naquela altura xa era a gran industria cultural de Galicia. Alí, en Sargadelos, cabo do mestre Isaac Díaz Pardo, desenvolveu Vizoso máis de trinta anos de creación
25 mar 2016 . Actualizado a las 09:15 h.
Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950). www.xosevizoso.com
-¿Un recordo da túa nenez?
-Os cabalos e a feira de San Lucas de Mondoñedo.
-¿Que é o que che inspira?
-O románico e a arte popular.
-¿Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?
-Castelao e Luís Seoane.
-¿Tes algunha manía na túa rutina de traballo?
-Darlle moitas voltas.
-¿De que cor non poderías prescindir nas túas ilustracións?
-Da cor negra.
-¿Por que a ilustración aínda non é aceptada nos museos de arte contemporánea?
-Algún día será.
-¿Como sabes que unha ilustración está rematada?
-Sempre queda algo.
-¿Ese ilustrador inxustamente olvidado?
-O grande debuxante de Ribadeo Suso Peña.
-¿Picasso ou Matisse?
-Os dous.
-¿Un consello a un ilustrador que está a empezar?
-Que siga traballando e que nunca se desanime.
-¿Definición de ilustración?
-Algo que enriquece o libro.
-¿Un lugar de Galicia onde perderse?
-Mondoñedo.