«Os museos son cemiterios de arte»

FUGAS

«Bechos» (cuberta para o cedé recopilatorio «Música galega hoxe»), 2011
«Bechos» (cuberta para o cedé recopilatorio «Música galega hoxe»), 2011

17 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

1 Cal foi a causa de que te dedicases á ilustración?

Como notaron desde o principio que era un neno raro xa me foron animando na casa e na escola.

 2 Un comentario sobre o teu traballo que che gustase?

Cando me din que recoñecen o meu estilo nunha ilustración que non fixen eu.

3 Un recordo da túa nenez?

Cando atopei unha caveira de cabalo e escondina debaixo da cama durante unha semana.

4 Tes algunha manía na túa rutina de traballo?

Non teño manías e tampouco teño rutina de traballo.

5 Un lugar de Galicia no que perderse?

Vigo, un domingo pola mañá.

6 É a ilustración unha arte de museo?

Eu penso que non. Para min, a ilustración é unha forma de arte viva e os museos son actualmente cemiterios de Arte.

7 Cal é para ti o mellor ilustrador de todos os tempos?

Urbano Lugrís.

8 Un ilustrador inxustamente esquecido?

Isaac Díaz Valiño.

9 De qué traballo te sentes máis orgulloso?

Dos carteis do Festival de títeres de Redondela.

10 Cal foi ese libro polo cal te decidiches a ser ilustrador?

As ladillas do travesti, de Antón Reixa, con ilustracións de Antón Patiño e Menchu Lamas.