Miguel Cuba (Lugo, 1982) recibiu o primeiro premio das Axudas para a creación de banda deseñada da Xunta de Galicia 2010 e no Certame Novos Valores 2009 da Deputación de Pontevedra. Web: www.miguelcuba.es. Blog: henrydrawall.tumblr.com. Twitter: @miguelcuba
-Que che inspira?
-Camiñar. A actitude do flâneur, do paseante urbano, é unha parte importante do meu proceso creativo.
-Un comentario sobre o teu traballo que che gustase?
-Que nel, a través da luz e da cor, se recoñecía perfectamente a miña personalidade.
-Que é para ti unha ilustración?
-Diría que é condensar unha idea ou unha sensación nunha imaxe que se lea dun golpe de vista, aínda que despois se preste a lecturas máis profundas.
-De quen aprendiches máis e que che ensinou?
-Vendo o traballo doutros autores acabas extraendo aqueles aspectos que te parecen máis importantes. Para min son a importancia da composición e o trazo.
-Un ilustrador emerxente ao que seguirlle a pista?
-Jon Juárez (se cadra xa é máis que emerxente). Curiosamente, antes de coñecelo varias persoas dixéronme que lles recordaba á miña obra.
-Un cartel dunha película?
-O de Metrópolis, de Fritz Lang.
-Unha escena dunha película?
-A secuencia inicial de Sed de mal, de Orson Welles.
-Unha portada dun disco?
-Por dicir algunha feita por ilustradores, Brick by brick, de Charles Burns, ou o traballo de Jon Juárez para Ángel Stanich. As portadas clásicas do jazz gústanme case todas.
-Unha canción?
-A letra de Volver tócame, porque retrata un estado de ánimo que sentín en moitas ocasións.