Se en Cans son os chimpíns no Antrospinos, que esta fin de semana se celebra na parroquia rianxeira de Taragoña, son os matraquillos o símbolo do festival. Venche a ser o mesmo. Pequenos aparellos motorizados de labranza reconvertidos en vehículos de transporte e en escenario de non poucas caralladas.
Porque o Antrospinos e, por riba de calquera outra cousa, unha reivindicación da carallada festiva e musical.
Precisamente no apartado da música este ano proponse un cartel deses que agora tanto se valoran, integrado na súa totalidade por bandas galegas. Claro que para eles isto non é unha novidade porqué é o que veñen facendo dende hai nove anos.
Así, e completamente de balde, os asistentes ao Antrospinos poderán escoitar a Familia Caamagno, Superoito, Noite Fechada, Collón de Lola, Os Desviaos, De la Cruz Show, Caña d´Herbas e Bigote Mix.
O festival habilita ademáis, e tamén de balde, varias zonas de acampadas e servizo de duchas no cercano polideportivo.
RIANXO. Venres 29 e sábado 30. De balde