Huysmans en galego

R. Nicolás

FUGAS

O selo Hugin e Munin publica «A contrafío» nunha espléndida tradución de Isabel Soto

12 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As páxinas de conservan aínda perenne un espírito fresco e renovador, unha fasquía única, que explica tanto as polémicas como as adhesións máis apaixonadas que xerou cando viu a luz a finais do século XIX. Ao tempo, este libro tan rico en matices, adxectivado como «novela total» posibilita entender e calibrar a admiración que suscitou nos autores da narrativa galega de comezos do XX. Des Esseintes, o seu protagonista, converteuse nun símbolo da inadaptación e do inconformismo como ben souberon entender Otero Pedrayo e Vicente Risco. O traballo de Isabel Soto, na tradución e nas notas a pé de páxina, é realmente antolóxico. 

A contrafío. Novela. Joris-Karl Huysmans. Tradución de Isabel Soto. Hugin e Munin. 322 páxinas. 16,50 euros