Javi Rey sofre unha elongación e perderáse tamén o duelo co Noia na Lomba
FUTBOL GALLEGO
O mediocentro non puido axudar a evitar a derrota do Arousa en Viveiro. O director deportivo do club vilagarcián, Dani Abalo, quédase coas sensacións de mellora transmitidas polo equipo de Míchel Alonso
17 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Nin tan mal. Javi Rey, o home chamado a darlle o equilibrio e a consistencia física ao centro do campo do Arousa, só se perderá en principio dous partidos co equipo arlequinado. O pontevedrés, que na primeira xornada de Liga disputaba 21 minutos como parte final do seu proceso de adaptación para acabar de recuperarse da lesión que arrastraba do seu paso polo Talavera de la Reina a temporada pasada, sufría no adestramento do pasado venres un percance. Logo de non poder axudar os seus compañeiros na visita do domingo ao Viveiro, o mediocentro someteuse onte a unha ecografía. O diagnóstico, unha elongación cun pequeno edema nun isquiotibial. Se a segunda ecografía á que se somete hoxe non di o contrario, Javi Rey perderáse unicamente ademais o duelo da terceira xornada, este vindeiro domingo na Lomba fronte ao Noia.
Quedarse coas sensacións
O estado de Javi Rey pasa así, afortunadamente, a un segundo plano nas preocupacións do Arousa, concentradas agora no alarmante inicio de Liga, con dúas derrotas noutros tantos partidos de Liga. O director deportivo do club, Dani Abalo, declaraba onte: «El equipo estuvo bastante mejor que la primera jornada. No es para presumir, pero se mereció ganar, y ganar bien. Me quedo con las sensaciones que dejó».