Atentado á democracia

Mario López Rico

GALICIA

12 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Unha vergoñenta intervención cirúrxica para extirpar órganos vitais á democracia dun país lamentabelmente abondo descabezado e agredido. Trátase dunha reforma realizada con alevosía e baseada na mentira. ¿Como pode un Goberno que leva incumprido todo o seu programa vir agora co conto de que se trata de cumprilo? Reducir o número de escanos, mantendo a regra D?Hont e un mínimo por circunscrición, non busca outra cousa que garantir os resultados electorais do PP en tempos peores que lles han de vir. É un atraco en toda regra á cámara de representantes, sé da democracia e onde debe residir a pluralidade política con posibilidade real de defender as súa propostas e iniciativas. Non pretenden outra cosa que reducir o número de persoas a traballar no exercicio da oposición a un Goberno que só representa a unha parte da sociedade, a impedir o control e o seguimento do órgano executivo, dándolle a volta e poñendo a cámara ao servizo do mesmo, todo un golpe ao sistema democrático. Porque se o que se tratase fose de aforrar, deixen de drenar recursos para pasarllos á banca, á caterva de corruptos, algúns xa convictos, que os rodean, combatan a evasión fiscal que practican os adiñeirados e as empresas que espolian o país, ese sería o verdadeiro aforro.

Mario López Rico é responsable de comunicación de Anova.