Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xavier Campos: «O logo novo proxecta un BNG actual e cercano»

Mario Beramendi Álvarez
mario beramendi SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

SANDRA ALONSO

O responsable de comunicación do bloque di que se buscaba unir a traxectoria e a historia cunha imaxe máis moderna

02 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xavier Campos xa foi unha das cabezas pensantes da campaña do BNG nas pasadas eleccións autonómicas. Hoxe leva a comunicación do BNG.

-¿Por que se decidiu cambiar o logo despois de 30 anos?

-É unha decisión coherente cos cambios que viviu o Bloque no último ano, e que están vinculados á emerxencia do liderado de Ana Pontón. A idea é que somos un novo BNG, e queriamos trasladalo cara fóra coa marca.

-¿Foi moi difícil chegar a un acordo sobre a nova imaxe?

-Sorprendentemente sinxelo e unánime. O punto de partida que se buscaba era un logotipo que unise a traxectoria, que se vise a historia, pero que fora ao mesmo tempo novo e fresco, que marcase unha nova etapa.

-¿Que cre que transmite?

-Proxecta un Bloque máis actual, moderno e cercano. É unha imaxe de marca moi limpa e transparente, que busca sobre todo proxectar actualidade e cercanía.

-¿Vostede pensa que mudaron tantas cousas no Bloque?

-O novo logo é un elemento máis nunha serie de cambios iniciados a partir da emerxencia de Ana Pontón como líder do Bloque. E que inclúen moitas cousas. Por exemplo, actualizar o proxecto político, redefinir o discurso e facer que unha nova xeración asumise o peso da dirección do BNG. Hai un relevo xeracional.

-¿Que hai de novo no discurso político do nacionalismo?

-Hai un cambio importante. Somos un BNG centrado en partir das problemáticas concretas para ofrecer propostas á sociedade e que a cidadanía perciba que son útiles para a mellora das condicións de vida dos galegos e das galegas. Este é un BNG máis ambicioso e que ten un reto.

-¿Cal é?

-Dende o nacionalismo ser capaces de presentar un modelo de país novo e compartido. O BNG non se limita nin se ten por que limitar aos nacionalistas. As nosas propostas son beneficiosas para a gran maioría da sociedade galega: sexas ou non nacionalista, fales ou non galego. Dende o BNG, dende o nacionalismo, estamos propoñendo un modelo para o conxunto da sociedade galega.