Os premios Meninas alzan a voz contra a violencia machista

Redacción LA VOZ

GALICIA

<span lang= gl >Os galardoados na sétima edición dos Premios Meninas de Galicia 2024, este venres na Coruña.</span>
Os galardoados na sétima edición dos Premios Meninas de Galicia 2024, este venres na Coruña.

«Non imos parar ata que todos os espazos de Galicia estean libres de machismo», afirmou o delegado do Goberno

22 nov 2024 . Actualizado a las 20:00 h.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reafirmou este venres «o compromiso e a vontade inequívoca do Goberno» de avanzar na loita contra a violencia de xénero e calquera forma de violencia sobre a muller: «Non imos parar ata que todos os espazos de Galicia estean libres de machismo e sexan espazos seguros para as mulleres». Así se expresou nas horas previas ao acto de entrega dos Recoñecementos Meninas de Galicia 2024, cos que a Delegación do Goberno significa o traballo de persoas e entidades galegas na loita contra a violencia machista.

O maxistrado Fernando Lousada, a xuíza afgá Rahima Sabiri, as asociacións Ecos do Sur, Axel e Alumar, e a editora Teresa Zataraín recolleron esta tarde na Coruña as Meninas desta sétima edición.

Pedro Blanco dedicou o acto ás catro mulleres vítimas da violencia de xénero en Galicia e ás 71 vítimas dos asasinatos machistas en Galicia. Amais, subliñou a importancia destes recoñecementos, que chegan a Galicia por sétimo ano consecutivo, e o agradecemento do Goberno polos valores e exemplo que ofrecen cada un deles: «Son chamas que iluminan o camiño para eliminar a violencia de xénero do noso país». 

Tamén se entregan seis mencións honoríficas: unha autonómica, catro provinciais e unha de comunicación social. A autonómica será recollida pola Asociación Teenses pola igualdade, de Teo, mentres que as provinciais recibiranas a policía nacional Alejandra Domínguez, integrante da Unidade de Atención á Familia e a Muller (UFAM) da Comisaría de Santiago; a policía nacional María José Vidal, da UFAM da Comisaría de Viveiro; a cabo primeira Cristina Rodríguez, do EMUME da Garda Civil de Celanova; e o policía nacional Aníbal Aguiar, da UFAM da Comisaría de Marín. Ademais, e por segunda vez, os Recoñecementos Meninas dedican unha mención á comunicación en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Esta mención honorífica será recollida por Susana Pedreira e Diana López, polo seu proxecto As mulleres que opinan son perigosas.