Este luns incorpóranse ao servicio antiincendios da Xunta un milleiro de traballadores fixos-discontinuos
GALICIA

Este persoal estará activo durante oito meses, ata o 16 de outubro
17 mar 2025 . Actualizado a las 12:07 h.Este luns incorpóranse ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) os traballadores fixos-discontinuos que prestarán servizo desde este 17 de marzo ata o vindeiro 16 de outubro, sumándose ao persoal fixo que traballa todo o ano no dispositivo antiincendios galego.
Segundo indica a Consellería de Medio Rural, os traballadores que pasan a estar dispoñibles desde este luns son arredor dun milleiro. Neste ano o seu contrato alóngase ata os oito meses. Ata o 2023 a vinculación deste persoal era de seis meses, pero o ano pasado empezou a ampliarse, e a partir do 2026 deberá chegar aos nove meses ao ano.
A maior parte dos traballadores que se incorporan son bombeiros forestais (arredor do 84 % do total), tanto desta categoría como das de bombeiro-xefe de brigada, bombeiro-condutor e bombeiro-condutor de motobomba. Na porcentaxe restante inclúense vixiantes, emisoristas, operadores/codificadores de datos e técnicos.