Los envases de agua y ácido carbónico se han convertido en una de las grandes pasiones de Juan Carlos Villar, que ha convertido su vivienda en una atracción para sus visitas
16 feb 2023 . Actualizado a las 22:38 h.Las burbujas son su afición. Juan Carlos Villar ha descubierto en esa simple mezcla de agua y ácido carbónico que se hizo tan popular en los años sesenta su verdadera pasión. Tanto que ha creado un auténtico museo de la gaseosa en su casa de Coristanco. Todas las botellas perfectamente alineadas y colocadas en estanterías construidas exclusivamente para albergar esta apreciada colección. Incluso cuenta también con sifones antiguos, que ya resultan muy difíciles de encontrar. Acumula tantas botellas que tiene que consultar sus listados para hablar con seguridad de un envase en concreto.
«Expostas debo andar polas 1.200. É verdade que teño unhas pouquiñas máis, pero son botellas do mesmo fabricante que teñen algunhas variantes da cor ou do debuxo», explica este forofo de las chispas que reconoce que le gusta también coleccionar algunos modelos curiosos que se va encontrando: «Por exemplo, en Betanzos, na botella de Refrescos Los Caneiros saía unha lancha moi bonita, e cada vez fóronlle quitando as cores para abaratar custos. Antes o visual tiña o seu interese, pero despois xa pasaron a facer as botellas dunha soa cor e a obviar o debuxo para que fose máis barata a serigrafía. Esa evolución do fabricante si que a gardo», reconoce este experto en gaseosas que también revela que le gusta que el sifón y la botella de un mismo fabricante tengan el mismo dibujo: «Teño expostos por un lado sifóns e polo outro botellas de peche de arame, e despois as botellas máis antigas», explica. Para lograr toda la colección se ha recorrido prácticamente todos los municipios gallegos en busca de las ansiadas botellas: «Cando alguén vén á casa xa me di: “A ver, búscame a gasosa da miña vila”. E tentamos atopala entre as que hai aquí», confiesa.
LE FALTAN 20 ENVASES
«Hai uns vinte envases que sei que existiron e que eu non teño. É dicir, andas á procura deles, tes a fotografía ou algunha referencia en prensa, pero eu non os teño. Si a maioría e os máis importantes», explica no sin apuntar que «nunca o podes dicir seguro, porque mañá pode aparecer unha caixa dun fabricante raro do que non tiñas constancia. Sobre todo con botellas de principios do século pasado, dos anos 20 ou 30, aí podes levar algunha sorpresiña porque os cafés antigos das grandes cidades tiñan a súa pequena fábrica de gasosas e os seus propios refrescos. Sempre pode aparecer algo, eu estou atento», apunta este especialista que ha descubierto toda una cultura en torno a las fábricas de gaseosas y los refrescos locales en la Galicia del siglo pasado. En realidad, su pasión por las burbujas surgió como suceden las grandes cosas. Por casualidad y cuando era bien pequeño: «A min sempre me deu un pouco por xuntar trapalladas. Xa dende pequeno. Un día cando tiña 10 anos atopei unha caixa de gasosas con dúas ou tres marcas locais, da zona. Despois estiven traballando uns anos por fóra e, cando xa me establecín aquí definitivamente, remexendo un pouco, atopeinas, e empecei coa historia esta», explica este vecino de Coristanco que comenzó su búsqueda por los concellos limítrofes y que poco a poco fue ampliando su radio de acción: «Deime de conta de que case en cada concello había unha fábrica e empecei a tirar do fío. Ao principio coas botellas de peche mecánico, as do arame, dos anos setenta ou oitenta que todos lembramos. E despois contactei con algún fabricante. Fun a algunhas zonas, a bazares que xa pecharan, algúns ultramarinos, bares vellos... E ía atopando sempre algunha curiosidade». También recurrió a las hemerotecas donde descubrió algún registro de fabricantes de los años 70 que le sirvió de gran ayuda. Porque una de las cosas con las que más disfruta Juan Carlos es con el trabajo de campo: «É como ir na busca dun tesouro», dice este coleccionista que tiene localizadas 214 fábricas de gaseosas en la provincia de A Coruña, 230 en Pontevedra, 118 en Ourense y 102 en Lugo.
Una revolución industrial
«As máquinas que facían a mestura da auga co ácido carbónico agora non son nada, pero nos anos 20 ou 30 eran unha pequena revolución industrial. Quen as tiñan eran xente moi emprendedora, que normalmente se dedicaban a outro tipo de actividade, ao mellor tiñan un ultramarinos ou outro negocio. A gasosa era unha actividade paralela. Despois, a partir dos anos 60 xa se popularizou moito a gasosa no ámbito familiar, e a botella grande de litro mesturábase co viño ou coa cervexa», explica sobre el fenómeno económico que se generó en los pueblos de Galicia.
Juan Carlos es poco amigo de pagar cantidades desproporcionadas por conseguir las botellas que quiere, pero reconoce que una vez llegó a pagar 300 euros por uno de estos envases: «Foi un capricho. Unha cousa puntual. Non quere dicir que moitas destas botellas non teñan este valor ou que non me teñan ofrecido por algún envase cantidades máis elevadas. Ese, en concreto, era un envase que levaba moitos anos detrás del e saíu a oportunidade. Era unha botella moi antiga, de bóla, tipo boliche, cunha referencia clara dun fabricante moi antigo, e permitinme esa pequena licenza», asegura mientras relata que hace poco un coleccionista de Ciudad Real le ofreció 500 euros por varias botellas, una oferta que no se lo llegó a tomar muy en serio.
Y cuenta una anécdota de un fabricante de Mugardos: «Foi nos anos 50 ou 60, intentou comercializar un refresco chamado Kiola, e que era unha Coca-Cola realmente. E dicía el: “Non o daba vendido. A xente dicíame: ‘Non me botes esa auga das pozas’, porque tiña un color como a Coca-Cola, negro, e antes o que querían era unha limoada, unha laranxada cun color atractivo, bonito e limpo”. Os refrescos de laranxa tiveron un grande éxito nos anos 50», asegura. Este vecino de la Costa da Morte no advierte hoy en día un repunte del consumo de gaseosa, aunque sí del sifón, donde asegura que cada vez hay más sitios donde puedes encontrar la soda en este envase. Chinchín, Juan Carlos.