Nunha semana con tanta tolemia bótase de menos que alguén da cúpula do clube non oficiase de voceiro. Tivo que ser unha vez máis Herrera o que dise a cara, incluso para falar de cousas que van máis aló da súa parcela e non por repetitivo acabar por se correcto.
Ao adestrador do ascenso pódenselle achacar cousas, pero non a súa predisposición para dar a cara e apagar os lumes que o clube deixa que ardan. Incluso a facer o traballo que lle corresponde a outros.
Porque no caso Iago Aspas, e incluso nas apreciacións sobre o futuro cada vez máis lonxano de Roberto Lago, correspondíalle a outros dar a cara. Alguén con mando en Praza de España debería dar a versión oficial de clube e non deixar que sexa o adestrador o que lidie unha semana sí e outra tamén.
O mesmo repítese cos movementos para as fichaxes e incluso para mandar unha mensaxe de calma agora que comezan a saltar as alarmas clasificatorias. Non todo é vivir unha burbulla celeste.
Suponse que cando Mouriño fala dun adestrador de clube refírese a que Paco toque tódolos paus. Cecais demasiada tarefa para quen ten como misión principal salvar ao equipo.