Sergio, Santi Mina e Néstor celebran este xoves os 21 anos de Carcamáns

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

Mónica Irago

Estarán no auditorio da Illa para responder ás preguntas dos máis pequenos

12 nov 2019 . Actualizado a las 19:20 h.

A peña celtista de A Illa de Arousa Carcamáns, a que máis integrantes e aboados do Celta ten, celebra esta semana o seu 21º aniversario. Para festexalo, este xoves organizan un encontro dos peñistas máis cativos con tres xogadores do primeiro equipo: Santi Mina, Néstor Araujo e Sergio Álvarez. Este último xa os acompañara por estas datas o ano pasado coincidindo coa celebración dos 20 anos.

«Este xoves 14 ás 17:30h, comezando cos actos do XXI aniversario, temos o pracer de recibir a Sergio, Santi Mina e Néstor Araujo no auditorio da Illa», comentou a peña a través das súas redes sociais. Engadían que o acto consistirá nunha charla coloquio na que os nenos poderán «preguntarlle o que desexen aos xogadores».

Esta actividade será só o principio, xa que para este sábado, aproveitando o parón de liga, teñen programada a cea-baile do 20 aniversario. Contarán con representantes da Fundación Celta de Vigo, da Federación de Peñas do Celta e do propio clube.