13 anos de festas, previas, experiencias e celtismo

La VOz VIGO

GRADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

A peña viguesa Centolos Celestes celebra o aniversario da súa creación

28 mar 2020 . Actualizado a las 15:37 h.

O Día da Reconquista -tan atípica neste 2020- é día de dobre celebración para unha das peñas máis caristámaticas do celtismo, a viguesa Centolos Celestes. Hoxe celebran o seu decimoterceiro aniversario e a data non é casual senón, pola contra, elixida a conciencia. Así o explicaba no seu día o seu primeiro presidente, Álex Costas, que desgranaba que a peña non ten ideoloxía, pero si querían «darlle un toque de defensa da cidade» desde a sensación de que daquela ese sentimento estaba algo esquecido.

Corría o ano 2006 e o Celta disputaba UEFA cando xurdiu a idea de montar Centolos Celestes. Poucos meses despois, chegaba un descenso a Segunda que non lles cortou as ás como peña, senón que seguiron ao pé do canón esperando que chegaran tempos mellores, como así foi.

Cun emblemático peñista ruso como Sergey Klepalov entre os seus membros, a peña vén de estrear o seu terceiro presidente, Iago Rodríguez, que recolle a testemuña do que no seu día foi o substituto de Álex Costas, Javi Vaz (ambos expresidentes seguen como peñistas). E hoxe facían balance destacando que cumpren trece anos «de festas, previas, experiencias». Pero sobre todo incidían «nas que quedan por vivir». Porque defenden que «#AVidaCentolaÉAVidaMellor».