As peñas do Celta explican o que representa para a afección O Gato de Catoira e as lembranzas que gardarán del, desexando que siga vencellado al Celta moitos anos
04 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Con motivo da retirada de Sergio Álvarez tras máis da metade da súa vida como xogador do Celta, na enquisa ás peñas celtistas sobre a tempada 2020/2021 formulouse a pregunta de que significado ten O Gato de Catoira para eles como afeccionados do Celta e que lembranza lles vai quedar del . Nas respostas repítense palabras como referente, emblema, lenda, profesionalidade, símbolo, home de clube, «un dos nosos» ou exemplo, pero son varias as que se extenden máis nas súas valoracións. Hoxe cúmprense dez anos do seu debut co primeiro equipo.
«É un referente para o celtismo. O reflexo de moitos de nós, do sentimento de pertenza ao Celta, pola súa bondade, afouteza , humildade e defensa da nosa cultura e o noso idioma», manifestan desde A Mao Negra. Esa identificación d e Sergio cos valores do celtismo é moi común: «É celtismo puro, entrega, paixón, un profesional como poucos e case sempre infravalorado», reivindican desde Lenda Celeste. Para Tabernícolas é «o espíritu que queremos transmitir».
Ninguén pasa por alto tampouco a súa calidade humana. «É unha das melhores persoas dentro e fóra do terreo de xogo. Un gran porteiro é unha das persoas mais representativas do equipo», valoran desde a Peña Iago Aspas. E os membros de Allariz Celeste apuntan que se tivesen que «definir o celtismo a través dunha persoa, é Sergio. Rendemento, profesionalidade, comportamento, amor polo club». Norte Celeste ve nel «la representación perfecta de un jugador de la casa. El mejor recuerdo que puede dejar es su profesionalidad y dedicación, siempre ayudando incluso sin jugar».
Carcamáns subliñan que «Sergio representa e dalle significado á palabra Afouteza -algo que tamén recalcan desde Blau Cel-, deu todo polo clube. Comprometido, bo compañeiro, gran profesional e mellor persoa. Estivo nos anos máis duros e en partidos clave axudando sempre». Y para Milladoiro, «hablar de Sergio es hablar de demostración de Celtismo, de amor y respeto a una camiseta, a un escudo. De alguien que ha llevado la profesionalidad a su máxima expresión».
O adeus, «un duro golpe»
O seu adeus foi «un duro golpe» ao ser por lesión, din desde Irmandiños 1923. «El recuerdo que deja es la cultura del esfuerzo, llega «tarde» al Celta, con 17 años, y luego en el A muchos años de suplencias, consigue ser el titular hasta que la pierde contra Rubén. A pesar de no jugar, siempre estaba sonriendo y sin quejarse», recoñécenlle. Terra Celeste tamén se fixa nese punto: «Siempre estuvo comprometido con el equipo, jugara o fuera suplente. Jamás una mala cara o una protesta» sosteñen ademaisde incidir en que é «impresionante como profesional y excepcional como persona».
Sempre Pahiño é outra das agrupacións que lamentan «non poder despedilo como merecía», incidindo en que «é o principal símbolo do que ten que ser un canteirán». Din que todas as lembranzas del son boas, pero quedarán especialmente na memoria «a gran actuación no Camp Nou e o penalti que lle detivo ao Deportivo en Balaídos». Agradécenlle, a maiores, «o uso do galego sen estridencias, pero con convicción». E apuntan que a sú actitude foi «insuperable» xa fose titular, suplente ou mesmo na bancada. «Un dos mellores deportistas que vimos pasar polo Celta», sentencian.
Se se trata de lembranzas no deportivo, a Peña de Burela queda coa «parada a Negredo en Balaídos», que cualifican de «mítica», mentres que na Peña Alvelo quedan co ano de Europa League no que foi escollido mellor porteiro. Nese sentido, aparte dos xa mencionados, para Hordas Celestes son imborrables «as súas bágoas en Old Trafford». A Peña Rikitrí di que demostrou ser un porteiro de Primeira «con momentos sobresalientes, e outros non tanto, pero sempre profesional, compañeiro, exemplo».
«Que siga aportando desde los despachos»
É común o desexo de que Sergio siga vencellado a clube. «Es un orgullo que alguien así represente al Celta y ojalá pueda seguir haciéndolo desde algún otro puesto en el organigrama del club», din desde Caldeirada Sideral. Coinciden en Sobran os motivos: «Es un orgullo para la afición, esperemos siga aportando desde los despachos». Suscríbeno en Allariz Celeste, apostando por «unha despedida por todo o alto cando as condicións o permitan e que continúe moitos anos máis no clube», desexo tamén da Peña de Sarria.
London Celtas tamén pide que o clube «lle abra as portas para que siga ligado a el» logo de facer fincapé no seu «traballo, sacrificio e amor polas cores coma ningún». E a Peña Alcoyana súmase á idea de que «todavía tiene mucho que aportar» e de que esperan que teña «a despedida que merece». En Lenda Celeste consideran que «merece o posto que el queira dentro do clube, porque en calquer posto seguro que vai aportar e dar o mellor de si, por como é e polo que ama a este clube».
En poucas palabras
Sen extenderse, pero tamén certeiros, Brenga Celeste ven en Sergio «un ejemplo para todos los canteranos del club»; na Peña de Mallorca defíneno como «la esencia de lo que somos»; Ramallosa Canido ve nel «celtismo en vena», expresión que tamén emprega a Peña Afouteza; O Barco descríbeo como «hombre de club por encima de individualidad»; Escornabois como «corazón celeste»; Mi Bendita Condena considérao «un icono y un futbolista para la historia»; a Peña do Ribeiro, «un sínbolo insubstituible»; O Popitiño, «un grande do celtismo»; Celtílikos, «un perfecto representante dos valores do celtismo»; a Peña de Madrid, «responsabilidad y honradez» e o Colectivo Nós, «xogador referente e exemplo no clube dos últimos 30 anos». Para Siareiros, Sergio é «un jugador comprometido y trabajador que logró con su esfuerzo brillar bajo los palos y en su relación con la afición».
*Peñas participantes: A Mao Negra, Afouteza, Afouteza Extremadura, Alcoyana Óscar Prieto, Alento Celeste, Allariz Celeste, Almas Celestes del Sur, Alvelo, América Celeste, Ardán Celeste, Baixo Miño, Blau Cel, Brenga Celeste, Bueu Celeste, Burela, Burgalegos, Caldeirada Sideral, Carcamäns, Casco Vello de Vigo, Castróns 1923, Celta do Miño, Celtábanos, Celtas de Andrade Vilalba, Célticos do sudeste, Celtílikos, Celtiñas Arriacenses, Centolos Celestes, Cigarrón Celeste, Chicago 1970, Churrascos Celestes, Colectivo Nós, Condado Celeste, Cuntiense, Dani Abalo, Doutor Cota da Estrada, Eibarzale, Embruxo Celeste, Escarnobois Celestes, Esmorga Zeleste, Gudelj Vigo, Hordas Celestes, Iago Aspas, Irmandiños 1923, Lenda Celeste, London Celtas, Madrid, Mallorca, Marusía, Mi Bendita Condena, Milladoiro, Muradana Cuadrilla de Pepa a Loba, Nasa Celeste, Noia, Norte Celeste, O Barco, O Carballiño, O Pipotiño, O Ribeiro, Os Tabernícolas, Ponteareas, Pontevedra, Porcos Celtas, Porto do Son, Preferencia Celeste, Ramallosa-Canido, Rianxeira, Rikitrí, Río Ulla, Salceda, Sarria, Sección Lamparón, Sección Llionesa, Sempre Pahíño, Sempre co Celta, Siareiros, Siareiros Dezaos, Sobran os motivos, Teixugos Celestes, Termas Celestes de Ourense, Terra Celeste, Tulipáns Celestes, Vlado Gudelj A Rúa, Vicente Domaio, Viveiro, Zoqueiros Porriño.