Siareiros Dezaos recuperou o tradicional Cocido Celeste logo da pandemia

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

SIAREIROS DEZAOS

O evento celebrado en Lalín reuniu a membros de diferentes peñas celtistas galegas e de fóra

12 abr 2022 . Actualizado a las 10:24 h.

O Cocido Celeste é unha das grandes tradicións da peña celtista Siarerios Dezaos e, como tantas outras cousas, viuse interrompida pola pandemia. Pero este sábado, a agrupación con sede en Lalín puido recuperar este costume e fíxoo ao grande, coa presenza de multitude de representantes de peñas celtistas chegadas desde diferentes puntos de Galicia e desde fóra. Ademais de para gozar do gastronómico, houbo tempo para cantar e para celebrar o feito de poder reunirse de novo.

Os anfitrións estiveron acompañados por representantes de Carcamäns, Merlegos Celestes, Le-Chuzas Celestes, Colectivo Nós, Termas Celestes, Vlado Gudelj-A Rúa, Muradana Pepa Loba, Zeru Urdin, Mao Negra de Cualedro e Arbo, representada polo que ademais é o presidente da Federación de Peñas do Celta, Pepe Méndez. A peña da Illa levou como agasallo unha réplica da estatua do porco que hai no centro de Lalín para premiar a súa fidelidade a este evento.

Era a sétima edición e Siareiros Dezaos preparara, como advertiron, un día longo. Comezaron cunha visita a Castrodeza -espazo cultural en Lalín orientado á conservación, divulgación e posta en valor da cultura castrexa- seguida da ruta de viños e o momento central, o cocido sucedido dunha longa sobremesa. A través das redes sociais quedou constancia de como viviron esta xornada festiva cargada de celtismo: