Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Nolito, Lauti e Gudelj acompañaron a Bueu Celeste no seu duodécimo aniversario 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

BUEU CELESTE

Uns 60 peñistas acudiron ao acto celebrado este venres no Adro de Cela 

14 may 2022 . Actualizado a las 10:28 h.

Xa van doce anos de Bueu Celeste e arredor duns 60 peñistas desta agrupación celtista -que conta actualmente con 115- reuníronse este venres para celebrarlo por todo o alto. Tiveron, ademais, convidados especiais, pois o primeiro equipo estivo representado por Nolito, que ten un nexo moi especial con esta peña e coa localidade na que está radicada; do filial acudiu Lautaro de León e, a maiores, non faltaron o excéltico e actual delegado do primeiro equipo, Vlado Gudelj, nin o presidente da Federación de Peñas do Celta, Pepe Méndez.

Un dos nomes propios foi Nolito, ao que quixeron facer un recoñecemento especial ante a súa probable despedida do club unha vez que remate esta tempada. El dedicoulles unhas palabras de agarimo. «Es un placer estar aquí, soy el padrino y me siento de Bueu (...). Este año hemos cumplido el objetivo y a ver si podemos ganar estos dos partidos, quedar un poco más arriba y el año que viene aspirar a un poco más», sinalou. Iso, mantendo os pés no chan. «Hay que saber el equipo que somos, respetar a todos los rivales e intentar ganar a todos. Ojalá nos veamos más años, es un placer estar aquí», dixo. Desde la peña transmitíronlle que sempre será «un dos nosos» e que estarán apoiándoo alá onde vaia.

BUEU CELESTE