
















Os convidados ao aniversario viviron un baño de masas na Illa de Arousa
08 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Os xogadores do primeiro equipo do Celta Iago Aspas e Fran Beltrán estiveron onte na Illa de Arousa xunto ao excéltico Sergio Álvarez para participar no acto que abre a celebración dos 25 anos da peña desa localidade Carcamäns. Trátase da agrupación máis numerosa do celtismo, que este ano acadou o milleiro de peñistas.
É un pracer para o #RCCelta poder acompañar á @CarcamansCeles no seu 25º aniversario 🥳.
— Xuntos RC Celta (@XuntosRCCelta) September 7, 2023
Grazas por acompañarnos e apoiarnos sempre! 🩵
👊 Por moitos anos máis gozando e sufrindo xuntos! pic.twitter.com/1BA3jUVdZe
ðŸ˜ðŸ’™
— Grada de RÃo (@gradaderio) September 7, 2023
(VÃdeo: RC Celta). https://t.co/7Jp7GJ0m3C pic.twitter.com/g0aLl1C0RD
🥇🆠ENTREGA ESPECIAL DA CAMISETA DO @RCCelta PARA LUCA RODRIGUEZ PARDO CUNHA ESPECIAL DEDICATORIA 🥅⚽ @aspas10 @franbeltran__
— Celtiga F.C (@FCCeltiga) September 7, 2023
Un agradecemento especial á @CarcamansCeles pola súa colaboración neste marabilloso evento.
⚪🔴 #Céltiga #VICampusCéltiga #HalaCéltiga #ANosaEsencia pic.twitter.com/QZB4fuqOHu

O acto de onte, presentado polo actor Carlos Blanco -célebre membro da peña-, tivo lugar no auditorio do Concello. Pensado especialmente para os máis pequenos, foron estes os que ateigaron ese espazo, desde bebés practicamente recén nacidos. Os futbolistas asinaron autógrafos e fixéronse fotos, recibindo un baño de multitudes entre bandeiras e bufandas co cadro vigués, que neste 2023 celebra os seu centenario ao tempo que a súa peña máis emblemática acada o cuarto de século.