Carcamäns, a por outros 25 anos «alentando, soñando e crendo» 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

CARCAMÄNS

A peña celtista da Illa celebrou onte o seu cuarto de século cunha cea

26 nov 2023 . Actualizado a las 09:29 h.

A peña celtista da Illa de Arousa, Carcamäns, a que máis membros ten de todas cantas existen -mais de 1.200 peñistas e mais de 500 abonados-, é tamén das máis veterás. Este sábado celebrou o seu 25 aniversario nunha cea multitudinaria na que, ademais de moitos dos seus integrantes, estiveron presentes membros doutras agrupacións celtistas que tamén quixeron acompañalos nesta data tan sinalada.

Baixo o lema «25 anos alentando, soñando e crendo», puxeron de manifesto que o celtismo goza dunha saúde inmellorable nesta vila onde se vive con verdadeira paixón. A celebración estivo presidida por un cartel onde se podía ser ese lema e, debaixo, multitude de fotos que recollen algúns dos momentos que levan vivido xuntos.

Este aco era o colofón a outras actividades que foron organizando ao longo do ano 2023 para conmemorar esta efeméride que, ademais, coincide co centenario do Celta. Iago Aspas, Sergio Álvarez e Fran Beltrán acompañáronnos nun evento para os máis cativos hai unhas semanas, e tamén organizaron un festival musical para festexar este hito.