
As peñas animan a levar e amosar estes distintivos no partido deste sábado
16 feb 2024 . Actualizado a las 17:24 h.As peñas celtistas promoven unha inicaitiva para encher as bancadas de Balaídos de bandeiras de Galicia este sábado no partido fronte ao Barcelona. A maioría das agrupacións con actividade en redes sociais compartiron unha mesma imaxe coa que, baixo o lema Un equipo para un país -un verso da canción de Keltoi! Unhas cores, un sentimento- animan a «levar e amosar» a bandeira neste partido.
«Defender o noso Celta é tamén estar orgullosos das nosas raíces, da nosa terra, da nosa historia! Convirtamos Balaídos nun mar de bandeiras galegas. Amosémoslle ao mundo que este pobo e esta afección teñen sentir de seu! Galiza está na nosa ialma e o Celta no corazón», pode lerse na conta do Colectivo Nós xunto con esa imaxe.
O encontro comezará ás 18.30 horas e é de esperar que, como é habitual fronte a este rival, se rexistre unha das mellores entradas da tempada.