Unha festaza para amosar que A Mao Negra «está máis viva que nunca» tras 25 anos de celtismo
GRADA DE RÍO
![](https://img.lavdg.com/sc/MA0EE0pDbXputad5LwKt7XcOA-4=/480x/2024/10/14/00121728891783330178598/Foto/V_20241014_092901000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/_ZnOWkREwjJo0T7mLCzXfBu98rc=/480x/2024/10/14/00121728891782272149351/Foto/V_20241014_09295.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/ed_FylIcpZKiek9XwiHsrhMYCg0=/480x/2024/10/14/00121728891784660163846/Foto/V_20241014_092952000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/UG_Hh2-5X41O12tg2EPvRq6Jrf8=/480x/2024/10/14/00121728891784433913626/Foto/V_20241014_093013000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/pDgMxw8VuKKxLVIoyY39wmv6-xw=/480x/2024/10/14/00121728891784173395252/Foto/V_20241014_093045000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/3IYC3facTtPrxTgRBfcasES004c=/480x/2024/10/14/00121728891783908646890/Foto/V_20241014_092849000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/sPLhRoLLiNV72WrvhQc1gPAWaRQ=/480x/2024/10/14/00121728891783642245293/Foto/V_20241014_092855000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/a2JdYQaRnDtcN8FSDpASx4qDz-Q=/480x/2024/10/14/00121728891783056153550/Foto/V_20241014_092907000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/UX2ikjQ50lr7VnC240tK20wKvmA=/480x/2024/10/14/00121728891782790986198/Foto/V_20241014_092913000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/0GQknlpMaH324fCt15leGaC46rQ=/480x/2024/10/14/00121728891782525639156/Foto/V_20241014_092930000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/DZVD9Bo0Jh3g7fM772472YTSl5c=/480x/2024/10/14/00121728891782010996282/Foto/V_20241014_093010000.jpg)
![](https://img.lavdg.com/sc/46OYuGTdk9uFihZMVuUCu9AqgEY=/480x/2024/10/14/00121728891781748988727/Foto/V_20241014_093049000.jpg)
A peña de Cualedro contou coa presenza do conselleiro Sergio Álvarez na celebración do seu primeiro cuarto de século
14 oct 2024 . Actualizado a las 10:10 h.O que se viviu este sábado en Cualedro foi «unha festaza». Así o describe o secretario da peña A Mao Negra, Javier Torre. Non era para menos, porque a peña celtista da localidade ourensá celebraba os 25 anos que transcorreron desde a súa fundación e querían unha celebración especial. Non foi para menos.
«Foi un día de celtismo impresionante», subliña Torre, que celebra, entre outras cousas, que no evento quedou patente que teñen canteira, coa presenza dunha chea de celtistas nenos e mozos que pasearon pola vila en tractor. Oliveira dos cen anos foi a banda sonora desta xornada na que estiveron acompañados polo excéltico e actual conselleiro Sergio Álvarez, así como polo presidente da Federación de Peñas do Celta, Pepe Méndez. Houbo, así mesmo, intervención do alcalde da vila e bendición de bufandas e obxectos celtistas por parte do párroco, Camilo, gran afeccionado do equipo vigués.
Xuntáronse para a comida popular prevista arredor de 140 persoas e tampouco faltaron as risas co anunciado monólogo de Víctor Fábregas nin o bengaleo cando caeu a noite. «Foi un gran día. Moito celtismo. A peña está máis viva e activa ca nunca nestes 25 anos», constata Torre con satisfacción.