O celtismo e o resto do deporte vigués despiden a Marta Souto, «celtista de corazón»
GRADA DE RÍO
A que foi directora xeral para o Deporte faleceu este venres aos 60 anos
19 oct 2024 . Actualizado a las 18:46 h.A noticia da morte de Marta Souto causou unha fonda dor no ámbito do deporte galego e, especialmente, de Vigo, a cidade onde nacera hai 60 anos. Recoñecida seareira do Celta, o club vigués enviou as súas condolencias: «Pesar e tristeza no RC Celta polo pasamento de Marta Souto, ex secretaria para o Deporte Galego e celtista de corazón. O noso máis sincero pésame á súa familia e amigos. Descanse en paz», podía lerse no perfil de Twitter da entidade. Despois, no descanso do partido fronte ao Real Madrid, lembrouse a súa figura, amosando unha imaxe súa nos videomarcadores.
Tamén o Celta de baloncesto se pronunciou, subliñando que foi «unha gran defensora do deporte feminino». «Dolor y mucha tristeza por la pérdida de Marta Souto, persona entrañable para nuestro. Nuestras condolencias y cariño para sus familiares y amigos. D. E. P., Marta».
O Balonmán Cangas, de cuxa familia tamén formaba parte como afeccionada, sinalaba: «A Familia do Balonmán Cangas está de loito polo pasamento de Marta Souto, a que fora Secretaria Xeral para o Deporte e socia do clube durante moitos anos. Transmitimos a familiares e amigos o noso máis sentido pésame e as condolencias de parte de todo o clube. . E. P., Marta». O equipo puido dedicarlle unha vitoria ante o Huesca e, antes do encontro, gardouse un minuto de silencio na súa memoria.
O Novás foi outro club que se pronunciou tras esta perda. «Queremos expresar o noso máis sincero pésame á familia e amigos de Marta Souto, ex secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia. A súa dedicación e compromiso co deporte sempre aos lembraremos cun profundo cariño. Que descanse en paz»,
Una Celtista insustituible, personas así te hacen sentir que nuestro equipo es mucho mas …esta familia celeste hoy tiene un motivo mas para sentir orgullo, cada viaje, cada grito de ánimo, cada reflexión sobre la diversidad, esa era Marta Souto! Te queremos
— emmaplacer (@emmaplacer) October 19, 2024
Entre os múltiples amigos e persoas que coñeceron a Souto e que lamentaron a súa perda, moitos destacaron a súa paixón polo Celta. «Morreu a minha querida tia Marta. Ela que me ensinou a ser do Celta», compartía un sobriño seu.