A campaña do Celta «Non pode ser máis de aquí», candidata aos Premios Paraugas 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

O himno do centenario, Oliveira dos cen anos, recibiu un desdes galardóns o ano pasado 

13 nov 2024 . Actualizado a las 11:23 h.

O Celta aspira por segundo ano consecutivo a ser galardoado nos Premios Paraguas, premios de comunicación e márketing concedidos polo Clúster da Comunicación de Galicia. Nesta ocasión, a campaña Non pode ser máis de aquí, coa que se presentou a camiseta da presente tempada 2024/2025, aspira ao recoñecemento a mellor acción de branding. Na edición anterior, Oliveira dos cen anos

Os outros candidatos ao premio desta edición son La canción del verano -Wise-COFC- e Lo del Emérito, en dos días -quattro IDCP-Bualá (luz y ya)-. A gala de entrega da novena edición dos Premios Paraugas celebrarase en Ferrol o 22 de novembro e será daquela cando se saiba quen é o vencedor, se ben como novidade deste ano, tamén haberá un galardón do público, para o que se pode votar en https://premios.clustercomunicacion.gal/finalistas-2024/

Os Premios Paraugas concédense desde o 2016 «para poñer en valor a calidade e o excelente traballo das empresas e dos creativos da nosa terra», explica a organización. Outórganse ás empresas, institucións, organizacións e profesionais que destacan «polo seu bo facer no ámbito da creatividade, do deseño, da impresión, do márketing, da comunicación e dos eventos en Galicia, poñendo en valor a efectividade das súas accións e a innovación no uso de materiais, soportes, medios ou outras estratexias». Subliñan que «se conceden desde o sector para o sector».