
Borja Iglesias ten ete perfil de dianteiros ten o gol e a maiores este tipo de traballo
19 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hai xogadores de correr ao espazo e outros de manter máis a posición, ese terceiro home do que se falaba. Borja Iglesias responde a ese perfil. No seu caso, eu creo que pode facer traballo para si mesmo: por exemplo, se sae un central, el poder facer un desmarque ás costas doutro central e son estáticos se el fai ese traballo, está xuntando aos dous, que estean preocupados del permite que os outros xogadores funcionen. Digamos que este perfil de dianteiros ten o gol e a maiores este tipo de traballo.
Un xogador que actúa na posición de compostelán nalgún momento ten que tirar ou rematar, pero iso tamén depende de que o resto do equipo lle poña o balón. Se o equipo é de xogar por dentro e non por fóra, estalo limitando. Logo tamén depende do rival, que coñece aos xogadores e intenta tapalos.
Considero que medir aos dianteiros polos goles é un pouco inxusto. No caso de Borja, puido facer un bo partido sen chegar a marcar, pero o que fixo moi importante, empezando por provocar o penalti.