
Os xogadores do Celta len versos da obra da referente da literatura galega con motivo do aniversario do seu nacemento
23 feb 2025 . Actualizado a las 11:14 h.Os xogadores do Celta Iván Villar e Hugo Álvarez, galegos, e Fran Beltrán, de Seseña e establecido en Vigo desde a súa fichaxe polo equipo, no 2018 -cando expresou o seu interese por aprender a lingua galega-, protagonizan o vídeo publicado polo club vigués este domingo para conmemorar o Dia de Rosalía. A gran referente da literatura galega naceu un 23 de febreiro, o do ano 1837, e de aí que se lembre a súa figura nesta data.
🌹 «É feliz o que soñando morre, desgraciado o que morre sen soñar».
— RC Celta (@RCCelta) February 23, 2025
Eterna, RosalÃa de Castro ♾ #DÃadeRosalÃa pic.twitter.com/0Hgx8fLx2x
En concreto, os tres célticos sosteñen nas súas mans a obra Cantares Gallegos, poemario do que cada un le uns cantos versos. «É feliz o que soñando morre, desgraciado o que morre sen soñar» é o verso que acompaña á publicación do vídeo nas redes sociais do Celta. Este remata coa ligazón á páxina web da Fundación Rosalía.
𑨠ð’ð’ð’”ð’‚ ð‘¹ð’ð’”ð’‚ð’ð’ŠÌ𒂠🌹💙 Galega, eterna!#DÃaDeRosalÃa #OrgullososDoNoso pic.twitter.com/25xyoBT84M
— RC Celta (@RCCelta) February 24, 2021
182 anos de #RosalÃaDeCastro. 🌹 «É feliz o que soñando morre, desgraciado o que morre sen soñar». #DÃaDeRosalÃa #OrgullososDoNoso pic.twitter.com/nwVT43DaJ2
— RC Celta (@RCCelta) February 24, 2019

Xa en anos anteriores o Celta fixo referencia a Rosalía a través das súas redes sociais. Agora mesmo, o club vive un momento no que está a dar máis cabida e importancia ás raíces, á identidade e á cultura galega, como expresaba hai uns días a presidenta ao recoller un premio de Empresarias de Galicia.