O amor polo Entroido de Cobres, reflectido nunha versión de «Oliveira dos cen anos»
GRADA DE RÍO

A Asociación Cultural Cobres adapta o himno do centenario do Celta e o seu videoclip
05 mar 2025 . Actualizado a las 10:06 h.O himno do centenario do Celta, Oliveira dos den anos, de C. Tangana, ten soado en moitos ámbito e ten habido moitas interpretacións e versións. Agora, o Entroido de Cobres vai máis alá e non só versiona a peza musical, senón que tamén se atreve cunha adaptación do videoclip, recreando ao seu xeito, e co seu tradicional carnaval como protagonista, a peza auodiovisua e reeditando os seus escenarios, gravando sobre as bateas e na contorna da Illa de San Simón.
O resulado foi publicado este martes e o propio club vigués fíxose eco do resultado. Desde a organización do Entroido de Cobres, explican: «Este vídeo mostra o amor que ten Cobres polo seu Entroido. Esta é unha adaptación da Oliveira dos cen anos de Antón Álvarez, máis coñecido como C. Tangana, da súa produtora Little Spain para o centenario do Real Club Celta de Vigo. A ambos, grazas por inspirar esta iniciativa e defender o patrimonio cultural de Galicia», escriben para logo engadir máis agradecementos: a Peixe Globo Ideas, Álvaro Carballo, Marcelo DoBode e á Asociación Cultural Cobres «por esta idea tola e fermosa», e ao Concello de Vilaboa polo apoio.

«Que marabilla», escribiu o Celta na publicación de Instagram do vídeo. É só unha das mensaxes de felicitación e aplauso a este traballo que sorprendeu pola súa orixinalidade. Precisamente, o Celta vén de anunciar que realizará cada ano unha homenaxe ao Entroido galego que comezará este sábado.