
A cita será o 22 de marzo e o prazo de inscrición remata o día 9; actuarán Tiro Na Testa e Keltoi!
06 mar 2025 . Actualizado a las 12:36 h.Un ano máis, e xa van dez, a peña celtista Siareiros Dezaos organiza o seu xa tradicional Cocido Celeste, un evento que se consolidou como unha cita imprescindible para os afeccionados do Celta e no que se dan cita afeccionados do club chegados de distintos puntos de Galicia e mesmo de fóra. Este ano, a data elixida é sábado 22 de marzo de 2025, co Hotel Torres do Deza como esenario e cun prezo de 35 euros por persoa. Coindice coa fin de semana de parón de seleccións na liga e a cifra redonda conmemoraráse co evento musical Afouteza Fest.

O X Cocido Celeste tren previsto un programa variado de actividades. Os participantes reuniranse na sede da peña, o Fogar de Asorey, para logo realizar unha visita cultural na comarca. Nesta ocasión, percorrerán os Pendellos de Agolada, para logo gozar dunha sesión vermú amenizada polo grupo Os Varacuncas antes do xantar principal. «O que comezou como unha pequena xuntanza de non máis de vinte comensais xunto coa peña Merlegos Celestes de Santiago -coa que teñen unha relación moi estreita desde ha anos-, converteuse nun evento multitudinario que na última edición superou os 150 de asistentes», comentan dese a organización. É habitual que acudan peñistas e seareiros Vigo, A Illa de Arousa, Ourense, Tui, A Rúa,Compostela, Pontevedra, Marín ou mesmo desde Bilbao.
Siareiros Dezaos presenta este Cocido Celeste «non só como unha oportunidade para gozar da gastronomía galega, senón tamén un momento de confraternización entre os seguidores do Celta». Consideran que a importancia do evento queda patente «coa presenza de figuras destacadas do club, como a actual presidenta, Marián Mouriño, que asistiu en numerosas ocasións a esta cita gastronómica».

Para conmemorar a décima edición do Cocido Celeste, o evento pecharase co Afouteza Fest un concerto especial, no centro social de Donramiro, de dúas bandas galegas de referencia no punk rock galego que seguen en activo despois de moitos anos de traxectoria: o grupo local Tiro Na Testa e o grupo vigués Keltoi! «Este concerto promete ser un dos puntos álxidos da celebración, unindo a paixón polo fútbol coa música punk rock galega. Os asistentes ao Cocido Celeste poderán gozar non só da gastronomía e a confraternización entre afeccionados do Celta senón tamén dun espectáculo musical», subliñan.
Os organizadores animan a todos persoas que o desexen a participar neste evento, que se converteu, sinalan, «nun símbolo de gastronomía, música e celtismo para moitas persoas». O prazo de inscrición remata o 9 de marzo, e é imprescindible reservar a través de WhatsApp 648692501. No caso de non poder acudir o Cocido pódese mercar entradas para o concerto, Afouteza Fest no Fogar de Asorey e Cervexería Segrel en Lalín Cervexería Merlegos en Compostela ou Cervexería Movie en Vigo, así tamén nas Billeteiras antes do concerto no Centro Social de Donramiro , a un prezo de dez euros.