Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Festa rachada de Embruxo Celeste, que vai con ganas a polo seu noveno ano de vida

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

EMBRUXO CELESTE

A peña de Vilagarcía festexou esta fin de semana o seu oitavo aniversario

25 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A peña de Vilagarcía Embruxo Celeste vive un momento doce e así quedou de manifesto na súa festa de aniversario, que tivo lugar este sábado na súa sede. Había ganas de «festa rachada» e iso foi o que atoparon todos os peñistas e simpatizantes que se achegaron a pasar a tarde nun dos recunchos máis celtistas da localidades. A xuntanza comezou ás seis da tarde e prolongouse ata máis alá da media noite, xa que «a xente non quería marchar», conta o presidente, Guillermo González Villaverde.

«Festa, música e celtismo en toda regra. Non se puido pasar mellor e compartir tantas cousas entre os peñistas, familia celtista en tan pouco tempo», expresa. Celebra que cada ano teñen máis participación  e que xa están «pensando na seguinte». Non faltou o picteo nin a música tradicinal galega para celebrar que seguen sumando. A agrupación celtista anda nestes momentos polos 200 integrantes- desde cativos a xente maior-, cifra crecente ao longo desde tempo que levan en marcha.