Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Tapa Celeste presenta este sábado o seu documental «Gol»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

A TAPA CELESTE

A peña viguesa rende homenaxe á bancada incidindo na parte emocional

08 abr 2025 . Actualizado a las 10:00 h.

A peña celtista A Tapa Celeste presenta este sábado, horas antes do Celta-Espanyol de Balaídos, o documental Gol, sobre a bancada a que se despediu a afección viguesa hai unhas semanas debido á reforma da que vai ser obxecto, pois era a última do estadio que quedaba pendente.

Nesta obra audiovisual buscan «render unha homenaxe á ultima bancada que queda por reformar na actual modificación do estadio de Balaídos», indican. Para iso, valéronse de convidados moi especiais, avanzan, entre os que se atopan excélticos, abonados veteranos, xornalistas e «máis dunha sorpresa», avanzan.

O resultado dura arredor de 20 minutos e «aborda diferentes aspectos da historia da bancada e dos afeccionados celestes, incidindo na parte emocional e histórica ligada ao Celta de Vigo». A presentación terá lugar no Hotel Hesperia ás 12.00 do sábado, con presenza de varios dos seus protagonistas. A entrada será libre ata completar aforo.