Celebra o bicentenario da Pepa lendo

Juan José Lage Fernández > revistaplatero@hotmail.com

LA VOZ DE LA ESCUELA

Dúas novelas xuvenís ambientan as súas tramas ao redor da primeira Constitución española, de 1812

05 dic 2012 . Actualizado a las 13:23 h.

Este ano, o Cume Iberoamericano que reuniu os días 16 e 17 de novembro aos dirixentes de países latinos de ambos os lados do Atlántico tivo a súa sede, e non por casualidade, en Cádiz de España (hai outra cidade co mesmo nome en Filipinas e outra en Ohio, Estados Unidos). O vixésimo segundo cume dos convocados desde 1991 (o primeiro foi en Guadalaxara de México) botou en falta a algúns mandatarios, como Otto Pérez Molina, de Guatemala, país que sufriu recentemente os efectos dun sismo, pero tamén foron significativas as ausencias de Cristina Fernández (Arxentina), Hugo Chávez (Venezuela) ou Raúl Castro (Cuba).

Máis de menos precisamente este 2012, que é o ano en que se celebra o bicentenario da primeira Constitución española, proclamada o 19 de marzo de 1812. Este motivo foi o tema central do acto de recepción dos congresistas, no que se recordou a modernidade desta Carga Magna no seu tempo e a súa importancia para abrir paso á independencia dos países latinoamericanos, ao recoller no seu primeiro artigo que «A nación española é a reunión dos españois de ambos os hemisferios». Ao termo desta salutación, o rei recibiu da alcaldesa da cidade, Teófila Martínez, un facsímile da Pepa igual que o que recibiron despois cada un dos xefes de Estado dos países asistentes.

A Pepa, bautizada así polo día do seu aniversario -por certo, que naqueles tempos era o máis común bautizar aos nenos co nome do santo do día que nacían-, tivo unha vida moi curta. Fernando VII o Desexado, reposto como rei en decembro de 1813 tras a expulsión de José I Bonaparte, derrogouna ao ano seguinte e restaurou o absolutismo.