As xemelgas Eva e Raquel reciben como agasallo de aniversario, o 19 de marzo, o diario escrito en Cádiz entre 1810 e 1812 por Cristina, unha antepasada de ambas. O diario escríbeo Cristina cando se refuxia coa súa familia nesta cidade fuxindo dunha Sevilla acosada polos franceses.
As páxinas do diario destácanse no libro con papel de cor xiba e nelas conta Cristina que o seu pai era partidario do Partido Liberal, cómo en Cádiz coñece a Pedro, un mozo co que termina casándose e que se alista voluntario para loitar contra os franceses, ou o aloxamento na súa casa dun deputado mexicano que asistiu á firma da Constitución.
n É unha historia sinxela, sen demasiados datos que a puidesen facer confusa, que narra dous tempos paralelos, o que serve para facer que os lectores comparen dúas épocas: a de 1812 e a actual.
n O libro inclúe un apéndice de dez fichas con actividades (comprensión, información, investigación...) e unha postal. Ademais, está ilustrado por Jordi Vila Delclós con acuarelas realistas que recollen a historia e o seu tempo.
Editoril Anaya. Colección Pizca de Papel. Madrid, 2012