Todos as xornadas lectivas do curso escolar tes unha cita ineludible, á primeira hora da mañá, con Prensa-Escuela
20 nov 2013 . Actualizado a las 12:20 h.Imaxina que che pon na clase de Sociais un test de coñecementos do que está acontecendo cada día aí ao teu lado ou, se queres, no mundo enteiro, que cada vez as persoas, as palabras e os pobos están mais preto de todos.
n UN TEST. ¿Facemos unha proba? Prepárache a falar durante un minuto dos seguinte personaxes, entidades ou suxeitos protagonistas de diversas noticias importantes: Pescanova, Complexo Hospital Universitario da Coruña, Testemuñas de Xeová. Tifón Haiyan, Benigno Aquino, Rosa Quintana, Opmega, Ence, KPMG, Tribunal Superior de Xustiza, Mangouras, López Sors, Fiscalía, Juan Luis Pías, ABS. ¿Cantos segundos che sobraron dun minuto?
n UN ESQUEMA. Sobre a lousa ou simplemente nun papel fai un esquema, un mapa mental de palabras que se relacionan e explican mellor estes termos: rodaballo, transplante, doante, transfusión, anemia, renal, EPPO, devastación, caos, desesperación, fenómenos meteorolóxicos, toxina, marea vermella, optimismo, batea, bivalvo, PIB, efluentes, cheiros, calidade do aire.
n UN MAPA. ¿Saberías situar nun mapa e explicar abaixo datos como poboación, extensión xeográfica, monumentos, algo de historia sobre: Punxín, Mira, Portugal, Cabo Touriñán, zonas de protección ecolóxica, Alacante, España, Filipinas, Tacloban, Leyte, Vietnam, Cheste, ría de Arousa, Porto do Son, Lourizán, Marín, Poio, Lérez, A Coruña.