Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«A Chaira foi chave no Paleolítico Superior galego»

Pablo R. Gavín LUGO

LEMOS

O doctor José Ramil, que participou onte no Congreso da Cultura da Terra Chá, destacou que o único xacemento galego de sílex estaba en Santaballa

25 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O segundo Congreso da Cultura da Terra Chá comezou onte en Vilalba con unha conferencia de José Ramil, director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía da localidade chairega. Especialista no estudio da forma de vida dos nosos antepasados, Ramil ten publicado libros como Singularidad e importancia histórica de las sierras septentrionales o El fin de los tiempos glaciares . Tamén participou en varias excavacións arqueolóxicas, entre as que destacan as feitas nos lugares de Xestido e Arnela, no concello de Abadín, e en Lousada, no municipio de Xermade. Na súa intervención, Ramil destacou a importancia da Chaira no período do Paleolítico Superior. -A época do Paleolítico Superior e moi intensa na comarca. Chegaron ata nós moitas ferramentas dese período. Sobre todo nas demarcacións de Xermade, Vilalba e Abadín. -¿A que se debe esa riqueza? -As ferramentas facíanse cun material, o sílex, que resultaba moi pouco habitual noutras comarcas. En Galicia non hai máis sílex que o que había en Santaballa. Por iso as mostras de obxectos do Paleolítico Superior feitos de este material obtivéronse aquí. A Chaira foi chave en Galicia nese período. -Vostede dirixiu varias excavacións que axudaron a recuperar o pasado da comarca... -Os traballos comezaron xa nos anos sesenta. Nos xacementos recolléronse moitas mostras dese pasado que foron analizadas con detalle no laboratorio por especialistas en carbón, en ósos, en cifrar carbono 14... Gracias a ese traballo conxunto e multidisciplinar, hoxe sábese máis da vida dos chairegos naquela época.