Lucía Pérez, Astarot e Patricia Manterola actuarán nas festas de Quiroga e de Escairón

La Voz LA VOZ | MONFORTE

LEMOS

01 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?s cantantes Lucía Pérez e Patricia Manterola e o grupo Astarot forman parte do programa das próximas festas de Escairón e de Quiroga. Na primeira destas localidades actuarán -xunto co cantante Raúl- nunha gala musical que se celebrará o día 6 a partir das doce e media da noite. En Quiroga actuarán o día 13, a partir das 23.30 horas, xunto co cantante José Manuel Soto. As festas de Escairón abriranse o día 4 cunha sesión de fogos de artificio que comezará ás dez da noite e que será seguida dunha verbena amenizada pola Gran Orquesta. O día 5 actuarán os cantantes Hernán e Anubis e a orquestra tinerfeña Caracas. O día 7, as actuacións correrán a cargo da orquestra Sonora Olimpia e os grupos Chocolate e Ráfaga. O día 8, última xornada dos festexos, actuarán as orquestras Lamas e Ismael. Ese mesmo día, a partir das 11.30 horas, celebraranse o campionato de tiro de corda a e carreira de burros, tradicionais destas festas. Festexo quirogués Polo que respecta a Quiroga, os festexos comezarán o día 8 cunha actuación musical diante do mesón Ferreiriño, ás 23 horas. A orquestra Jocker amenizará as verbenas dos dìas 10 e 11. O día 12 actuarán os conxuntos Miramar e Ceniza. O día 13, antes das actuacións dos artistas xa mencionados, haberá ademais un baile popular animado por grupo Alkar, a partir das 21.30 horas.