Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xosé Lois García regresa á literatura para rapaces

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

En directo | Creación literaria O escritor chantadino publica o relato «A mulemba que fala», ambientado en terras africanas

14 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? escritor chantadino Xosé Lois García acaba de facer unha nova achega á literatura infantil galega, á que xa contribuíra hai anos con A figueira lingoreteira , un libro de poemas para nenos. A editorial Everest publicou agora o seu relato A mulemba que fala , que ofrece a peculiaridade de estar ambientado na África de lingua portuguesa, un escenario ata agora pouco frecuente nas letras galegas. O libro, ilustrado por Suso Cubeiro, diríxese a lectores de entre 7 e 9 anos. A narración sitúase en Angola e recrea o mundo tradicional africano e os inicios da colonización europea. A mulemba do título é unha árbore africana da familia da figueira, de grande importancia na cultura popular angolana. Xosé Lois García ten traballado amplamente para fomentar a comunicación cultural entre Galicia e os países africanos de lingua portuguesa, que ocupan un importante espazo na súa obra literaria. É autor de varias antoloxías de poetas de Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau e São Tomé e Príncipe, así como de ensaios sobre a historia e a cultura destes países e libros de poemas de inspiración africana, como Sambizanga . Desde hai anos é membro de honra da União de Escritores Angolanos. Outros autores A nova obra de Xosé Lois García vén sumarse a outros libros dirixidos ao público infantil e xuvenil publicados en tempos recentes por autores do sur lucense. O escritor sarriao Antom Fortes traducíu ao galego o Gran libro dos retratos dos animais , do croata Svjetlan Junakovic, e a novela Cobertor de estrelas , do brasileiro Ricardo Lísias. Tamén son naturais de Sarria Marisa Núñez, autora de títulos como Sígueme , Chocolata e Celestino Tarambainas , e Luís Seixido, que publicou obras como O capitán Zochusmán e O cazador de trolls . Pola súa parte, o escritor courelao Xesús Manuel Marcos, que iniciou a súa carreira literaria como autor de obras para o público adultou, incorporouuse no 2004 ao mundo da literatura xuvenil coa novela fantástica O brindo de ouro , que gañou ese ano o premio Merlín. O chantadino Francisco Vázquez Chantada xa se adentrara con anterioridade neste campo co seu libro Crónica de Ofiusa .